Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Martes, 13 de agosto de 2013 Páx. 32963

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Muíños

ANUNCIO de licitación do contrato de subministración de mobiliario para a residencia da terceira idade e centro de día.

De conformidade coa Xunta de Goberno Local do 28 de xuño de 2013, por medio do presente anuncio efectúase convocatoria do procedemento aberto, atendendo á oferta economicamente máis vantaxosa, con varios criterios de adxudicación, para a adxudicación do contrato de subministración de mobiliario con destino á residencia da 3ª idade e centro de día do Concello de Muíños, conforme os seguintes datos:

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Concello de Muíños, praza de San Rosendo, nº 1, Muíños 32880.

b) Teléfono: 988 45 64 03.

c) Telefax: 988 45 64 80.

d) Correo electrónico: concello.muinos@eidolocal.es

e) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.depourense.es

f) Data límite de obtención de documentación e información: ata o quinto día do prazo de presentación de proposicións.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición: subministración de mobiliario con destino á residencia da 3ª idade e centro de día do Concello de Muíños.

b) Lugar e prazo de execución/entrega: Muíños. Tres meses.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 39100000-3.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os figurados no prego.

4. Valor estimado do contrato: 180.000 euros.

5. Orzamento base de licitación e financiamento:

a) Importe neto: 150.439,79 euros. Importe total: 180.000 euros.

b) Financiamento:

– Financiamento Comunidade Autónoma: Programa de desenvolvemento rural sustentable. Consellería de Traballo e Benestar: 90.000 €.

– Financiamento outros: Programa de desenvolvemento rural sustentable. Goberno de España. Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente: 90.000 €.

6. Garantías exixidas:

Provisional (importe): non.

Definitiva (%): 5 %.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional (se é o caso): segundo o prego.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

Data límite de presentación. A presentación da documentación e das proposicións realizaranse no Rexistro Xeral do Concello en días e horas de oficina, ata as 14.00 horas do décimo quinto día (15º) natural seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no DOG. Se o último día do prazo de presentación da documentación coincide en sábado ou festivo, entenderase prorrogado o devandito prazo ao primeiro día hábil.

9. Apertura de ofertas:

Concello de Muíños. Día seguinte a aquel en que finalice o plazo de presentación de proposicións, ás doce horas (agás sábados).

10. Gastos de publicidade: ata un importe máximo de 1.500 euros.

11. Outras informacións. Anuncio extenso e bases íntegras no perfil do contratante: www.depourense.es

Muíños, 19 de xullo de 2013

Plácido Álvarez Dobaño
Alcalde