Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Martes, 13 de agosto de 2013 Páx. 32961

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lalín

ANUNCIO de información pública sobre solicitude de licenza (expediente 7212/13).

Por instancia de José Manuel Rodríguez García o Concello de Lalín está tramitando o expediente para a obtención da licenza de obra para nave para explotación de ceba de becerros no lugar de Rodelas, parroquia de Maceira, Lalín (Pontevedra), expediente número 7212/13.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente mediante anuncios no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial de Pontevedra e exposición no taboleiro de anuncios do concello, para que poida ser examinado no Departamento de Urbanismo-Licenzas e se formulen, se é o caso, alegacións ou reclamacións durante o prazo de vinte días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

Lalín, 5 de agosto de 2013

Román Rodríguez González
Concelleiro delegado de Urbanismo