Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Martes, 13 de agosto de 2013 Páx. 32895

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica de recuamento LMT Carballeda de Valdeorras, no concello de Carballeda de Valdeorras (expediente IN407A 2013/44-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: recuamento LMT Carballeda de Valdeorras.

Situación: Carballeda de Valdeorras.

Características técnicas:

LMT aérea de 606 metros de lonxitude a 20 kV con condutor LA 110/116,2 mm2 e orixe na LMT CRL802 ao CT Iberoitaliana 32PAU9 e remate na LMT CRL802 ao CT Fonte da Cova 32CBD1.

Orzamento: 32.997,76 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 17 de xullo de 2013

P.S.L. (Decreto 324/2009, do 11 xuño)
A. Tomás Paz Doniz
Xefe do Servizo de Administración Industrial