Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Martes, 13 de agosto de 2013 Páx. 32896

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello da Gudiña (expediente IN407A 2013/43-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: adecuación paso caseta-aéreo 32AJG7 expediente nº 2382 AT.

Situación: A Gudiña.

Características técnicas:

LMT aérea a 15 kV de 33 m con condutor LA/56 e orixe na LMT do expediente 2382-AT e remate no CT aéreo proxectado de 100 kVA Cañizo 1 (32AJG7) e R/T 15.000/400-230 V.

Orzamento: 15.512,64 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 17 de xullo de 2013

P.S.L. (Decreto 324/2009, do 11 de xuño)
A. Tomás Paz Doniz
Xefe do Servizo de Administración Industrial