Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Martes, 13 de agosto de 2013 Páx. 32897

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2013/19-2, 8102 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: rúa Cidade de Viveiro, 4, 1º, 27002 Lugo.

Denominación: reforma CTI 09518 Camoira.

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas:

– Desmontaxe do CTI Camoira existente por estar obsoleto.

– CTI 09518 Camoira sobre apoio metálico cunha potencia proxectada de 160 kVA e unha potencia inicial de 50 kVA, relación de transformación 20.000/400-230 V.

– Adecuación das RBT, con orixe no cadro de baixa tensión do novo CTI 09518 Camoira e final nos circuítos de baixa tensión existentes.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 18 de xullo de 2013

Por ausencia (Artigo 39 do Real decreto 324/2009, do 11 de xuño;
DOG nº 117, do 17 de xuño)
Mª A. Belén Miragaya Sánchez
Xefa do Servizo de Enerxía e Minas