Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Martes, 13 de agosto de 2013 Páx. 32892

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Boqueixón (expediente IN407A 2013/106).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: UDESA.

Domicilio social: rúa José Ángel Valente, nº 17, local 62, Santiago de Compostela.

Denominación: centro de seccionamento e manobra Granxola.

Situación: Boqueixón.

Características técnicas:

• Pasos aéreo-subterráneos MT.

Tensión de servizo: 20 kV. Tensión nominal: 20 kV. Tipo: tres pasos aéreo-subterráneos que se realizarán no apoio nº 24 de tipo HVH 13/2500 de nova execución da LMT a Ponte Ulla-Vilar (expte. 249/2002).

• Tramo LMT subterránea LMT a Ponte Ulla-Vilar.

Inicio liña (UTM): paso aéreo-subterráneo proxectado que se realizará no apoio nº 24 de tipo HVH 13/2500 de nova execución da LMT a Ponte Ulla-Vilar (expte. 249/2002) (UTM: 549.491; 4.739.774).

Final liña (UTM): paso aéreo-subterráneo proxectado que se realizará no mesmo apoio nº 24 existente de tipo HVH 13/2500 de nova execución da LMT a Ponte Ulla-Vilar
(expte. 249/2002), despois de realizar entrada e saída no centro de seccionamento Granxola proxectado (UTM: X-549.491; Y-4.739.780).

Lonxitude: 36,54 m.

Categoría: terceira.

Condutor: RHZ1-2 OL-12/20 kV-3 (1×240 Al).

Tensión de servizo: 20 kV.

Tensión nominal: 20 kV.

• Tramo LMT subterránea DER a Porcariza.

Inicio liña (UTM): cela de liña que se instalará no centro de seccionamento Granxola proxectado (UTM: X-549.491;Y-4.739.780).

Final liña (UTM): paso aéreo-subterráneo proxectado que se realizará no apoio nº 24 de tipo HVH 13/2500 de nova execución da LMT DER a Porcariza (expte. 27.702) (UTM: 549.491; 4.739.774).

Lonxitude: 18,27 m.

Categoría: terceira.

Condutor: RHZ1-2-OL-12/20 kV-3 (1×240 Al).

Tensión de servizo: 20 kV.

Tensión nominal: 20 kV.

• Centro de seccionamento e manobra Granxola.

Tipo: edificio de seccionamento en caseta de obra civil.

Aparellaxe MT: celas con illamento en SF6.

Esquema do centro: 3L.

Tensión de servizo: 20 kV.

Tensión nominal: 20 kV.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 11 de xullo de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña