O 19 de xuño de 2013, a xefa territorial da Consellería de Sanidade en Ourense acordou o inicio do expediente sancionador 2013097TA-OU, a De Paula Pereira, Andreira CIF X06110313H, con domicilio na avenida Balneario, 103, P03, 32500 O Carballiño (Ourense).
Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e segundo o disposto número 5 do referido artigo, notifícase a De Paula Pereira, Andreira CIF X06110313H, con domicilio na avenida Balneario, 103, P03, 32500 O Carballiño (Ourense), o contido do referido acordo de inicio que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, e recórdaselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na avenida de Zamora, nº 13, Ourense, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Advírteselle que no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no mencionado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso sobre a responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.
A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 39/1992, do 26 de novembro.
Ourense, 19 de xullo de 2013
P.A. (Resolución da conselleira do 2.7.2009)
Ricardo García Martínez
Xefe do Servizo de Xestión
ANEXO
Expediente sancionador: 2013097TA-OU.
Denunciado: De Paula Pereira, Andreira.
Documento de identificación: CIF X06110313H.
Última dirección coñecida: avenida Balneario, 103, P03, 32500 O Carballiño (Ourense).
Feito imputado: infracción en materia sanitaria.
Precepto infrinxido: artigo 19.2.a) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanita-rias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos de tabaco.
Tipificación: leve.
Sanción proposta: trinta euros (30 €).