Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Martes, 13 de agosto de 2013 Páx. 32901

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 18 de xullo de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2013092TA-OU, incoado por infraccións en materia sanitaria.

O 12 de xuño de 2013, a xefa territorial da Consellería de Sanidade en Ourense acordou o inicio do expediente sancionador 2013092TA-OU, a Álvarez Prieto, David DNI 44468307-S, propietario do café bar especial La Escalera con domicilio na rúa do Paxaro, nº 6, 32005 Ourense.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e segundo o disposto número 5 do referido artigo, notifícase a Álvarez Prieto, David DNI 44468307-S, propietario do café bar especial La Escalera con domicilio na rúa do Paxaro, nº 6, 32005 Ourense, o contido do referido acordo de inicio que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, e recórdaselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na avenida de Zamora, nº 13, Ourense, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no mencionado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso sobre a responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 39/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 18 de xullo de 2013

P.A. (Res. da conselleira do 2 de xullo de 2009)
Ricardo García Martínez
Xefe do Servizo de Xestión

ANEXO

Expediente sancionador: 2013092TA-OU.

Denunciado: Álvarez Prieto, David, propietario do café bar especial La Escalera.

Documento de identificación: DNI 44468307-S.

Último enderezo coñecido: rúa do Paxaro, nº 6, 32005 Ourense.

Feito imputado: infracción en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: artigo 19.3.b) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a pu-blicidade dos produtos do tabaco.

Tipificación: grave.

Sanción proposta: seiscentos un euros (601 €).