Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Martes, 13 de agosto de 2013 Páx. 32899

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de prevención alleo de riscos laborais, especialidade de Medicina do Traballo, que se desenvolverá en centros docentes públicos non universitarios dependentes dela.

En cumprimento do artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2012, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do contrato que se indica a seguir:

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

a) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

b) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19041

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizos.

b) Descrición: servizo de prevención alleo de riscos laborais, para o desenvolvemento da especialidade de Medicina do Traballo do persoal non docente (funcionario e laboral) da Xunta de Galicia destinado en centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

c) Lotes: non hai.

3. Tramitación e procedemento: urxente e negociado sen publicidade, artigo 170.c) do texto refundido da Lei de contratos do sector público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 174.000,00 euros.

IVE: exento, conforme o artigo 20.1.3º da Lei 37/1992 do IVE.

Importe total: 174.000,00 euros.

5. Adxudicación:

a) Data: 15 de xullo de 2013.

b) Contratista: Sociedad de Prevención de Asepeyo, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación:

Importe neto: 149.980,00 euros.

IVE: exento, conforme o artigo 20.1.3º da Lei 37/1992 do IVE.

Importe total: 149.980,00 euros.

6. Formalización:

– Data: 19 de xullo de 2013.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2013

P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria