Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Martes, 13 de agosto de 2013 Páx. 32905

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se convoca a contratación, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, dun servizo por lotes para a impartición de accións formativas para a recualificación profesional en sectores distintos ao metal e auxiliar do naval no marco do proxecto FEAG-Empreganav (expediente 2013.78).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar (Secretaría Xeral Técnica-Subdirección Xeral de Contratación e Control).

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2) Enderezo: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

3) Teléfonos: 981 54 01 13/981 54 29 99.

4) Fax: 981 54 01 18.

5) Correo electrónico: contratosareatraballo@xunta.es

6) Páxina web: http://www.contratosdegalicia.es

7) Data límite de obtención de documentación e información: o último día de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 2013/78.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo por lotes para a impartición de accións formativas para a recualificación profesional en sectores distintos ao metal e auxiliar do naval no marco do proxecto FEAG-Empreganav.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si, 2.

d) Lugar de execución/entrega: nos locais da empresa adxudicataria.

e) Prazo de execución/entrega: desde o día seguinte ao da sinatura do contrato e rematará antes do 31 de decembro de 2013.

f) Admisión de prórroga: non.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) CPV (referencia de nomenclatura): 80500000-9 servizos de formación.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: ver cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares (en diante, PCAP).

4. Valor estimado do contrato: cento trinta e tres mil novecentos cincuenta e oito euros con sesenta e oito céntimos de euro (133.958,68 €).

5. Orzamento base de licitación: o importe total deste contrato é de cento trinta e tres mil novecentos cincuenta e oito euros con sesenta e oito céntimos de euro (133.958,68 €). Este importe está exento do IVE, de acordo co artigo 20 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido, distribuídos da seguinte forma:

Lote 1: 103.760,33 €.

Lote 2: 30.198,35 €.

6. Garantías exixidas.

a) Provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: 5 % do orzamento base de licitación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financiera e solvencia técnica e profesional: ver cláusula 5.3 do PCAP.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de ofertas comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince días naturais, a non ser que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia (enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela). Sen prexuízo do anterior, os licitadores poderán enviar as súas proposicións por correo segundo o establecido no PCAP.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada no PCAP.

9. Apertura de ofertas.

a) Descrición:

– Apertura dos sobres A: acto non público de cualificación da documentación xeral administrativa.

– Apertura das sobres B: apertura en acto público da documentación relativa a aspectos cualitativos, é dicir, non cuantificables mediante a aplicación de fórmulas.

– Apertura dos sobres C: apertura en acto público da documentación relativa a aspectos cuantitativos, é dicir, cuantificables mediante a aplicación de fórmulas.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: indicarase na plataforma de contratación da Xunta de Galicia a data, hora e lugar de apertura dos sobres B e C.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario os gastos de publicación no DOG. O importe estimativo máximo é de 5,42 € por liña publicada no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2013

P.D. (Orde do 19.8.2009)
Secretaria xeral técnica
P.A. (Artigo 7.1 do Decreto 42/2013, do 21 de febreiro)
Mª Aránzazu Portabales Santomé
Vicesecretaria xeral