Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Luns, 12 de agosto de 2013 Páx. 32671

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (832/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/ceses en xeral 832/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Luis Montero Ares contra a empresa APV Motor, S.A., Sanrent, S.L., Autos 33, S.A. e Millarent, S.L. e o Fogasa, foi ditada a seguinte resolución:

«Decido:

Que debo estimar e estimo a acción de despedimento formulada por Jesús Luis Montero Ares contra APV Motor, S.A., Autos 33, S.A., Millarent, S.L., Sanrent, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento do demandante de que foi obxecto con efectos do 15 de febreiro de 2013 e condeno solidariamente as demandadas a optaren entre readmitir o traballador nas mesmas condicións que rexían antes do despedimento con aobamento dos salarios deixados de percibir a razón dun salario diario de 57,61 euros brutos ou a aboar a indemnización de 64.226,46 euros con extinción da relación laboral.

Estimo parcialmente a acción de reclamación de cantidade e condeno as demandadas a aboaren solidariamente ao demandante 7.398,66 euros.

Desestimo a acción de resolución contractual.

Non ha lugar a condenar nesta instancia o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade nos termos do artigo 33 do ET.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza».

E para que sirva de notificación en legal forma ás demandadas APV Motor, S.A., Autos 33, S.A., Millarent, S.L. e Sanrent, S.L., por achárense en ignorado paradoiro, insírese este edicto no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2013

A secretaria xudicial