Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Luns, 12 de agosto de 2013 Páx. 32673

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se dispón a notificación dos acordos de iniciación de expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle ás persoas que de seguido se relacionan, ás cales non se lles puido facer por correo certificado, os acordos de iniciación ditados nos expedientes de sanción, por infraccións en materia de espectáculos públicos, o seu número citase no anexo.

Desígnase instrutora do expediente a María Engracia Gómez Dacal e secretario a José Luis Abelleira Fernández, que poderán ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente, de darse algún suposto dos que determina o artigo 29 da Lei 30/1992.

O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta notificación, para poder examinar o expediente no Servizo de Xestión Técnico-Administrativa e Interior desta xefatura territorial, e para presentar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas considere convenientes na defensa dos seus dereitos, podendo recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade, tal como o establece o artigo 13.d) do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

No caso de que decida non efectuar alegacións no prazo indicado, este acordo de iniciación poderá ser considerado como proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, determinándose para estes efectos o importe da sanción.

Será competente para a resolución do expediente o xefe territorial de Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza en Lugo, segundo o establecido na Orde do 26 de setembro de 1996, da citada consellería (DOG do 30 de setembro) e nos decretos 83/2009, do 21 de abril, e 245/2009, do 30 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica das xefaturas da Xunta de Galicia (DOG nº 155, do 12 de agosto) e o Decreto 7/2011, do 20 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Lugo, 30 de xullo de 2013

José Manuel Rozas Bello
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nome

DNI/NIF

Nº expt.

Precepto infrinxido

Último domicilio

Posible sanción

Ana Ramona Javier Marte

53488574-G

LU-E 87/13

26.e) LO 1/1992

R/ Duquesa de Alba, nº 45, baixo, Monforte

Ata 300 €

Teatro, C.B.

E-27292382

LU-E 94/13

26.e) LO 1/1992

Louzaneta, nº 47, Lugo

Ata 300 €

Soluciones Lúdicas, S.L. (Disco Idea)

B-27424134

LU-E 111/13

26.e) LO 1/1992

R/ Duquesa de Alba, nº 63, Monforte

Ata 90 €

Os Fillos do Caimán, C.B.

E-27245166

LU-E 114/13

26.e) LO 1/1992

R/ Ourense, 7, 5º C, Monforte

Ata 150 €

Ángel Doural Real

33552466-C

LU-E 117/13

26.e) LO 1/1992

R/ Tino Grandio, nº 26-1º A, Lugo

Ata 150 €

Teatro, C.B.

E-27292382

LU-E 120/13

26.e) LO 1/1992

Louzaneta, nº 47, Lugo

Ata 300 €

Yanela Marte Pereira

X-4178286-Z

LU-E 121/13

26.e) LO 1/1992

R/ Huertas, nº 20-2º, Monforte

Ata 300 €

Dolce Pub, S.L.(Juan Rogero Ayllón)

B-27385665

LU-E 124/13

26.e) LO 1/1992

Praza Arquitecto Fernando Casas Novoa, nº 3, Lugo

Ata 150 €

José Javier Torres Fernández (Glamour)

76574758

LU-E 131/13

26.e) LO 1/1992

R/ Serra dos Ancares, 38, baixo, Lugo

Ata 90 €

Pub Druida (César de la Torre Rey)

E-27377530

LU-E 134/13

23.o) en relación co 26.e) LO 1/1992

Lg. Mato-Moreira, s/n, Chantada

Ata 600 €

Rocío Baamonde Álvarez

76580961

LU-E 136/13

23.e) LO 1/1992

Avda. Galicia, bloque 7-3 esq., Ribadeo

Ata 301 €

Yanela Marte Pereira

X-4178286-Z

LU-E 142/13

26.e) LO 1/1992

R/ Huertas, nº 20-2º, Monforte

Ata 300 €