Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Luns, 12 de agosto de 2013 Páx. 32643

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

ORDE do 7 de agosto de 2013 pola que se modifica a do 28 de maio de 2013 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actividades de servizos sociais comunitarios e inclusión social e se procede á súa convocatoria para o ano 2013 (cofinanciada parcialmente polo Fondo Social Europeo).

A Orde do 28 de maio de 2013 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actividades de servizos sociais comunitarios e inclusión social e se procede á súa convocatoria para o ano 2013 (cofinanciada parcialmente polo Fondo Social Europeo) (DOG nº 102, do 30 de maio), establece no seu artigo 4 que na concesión destas subvencións destínase a cantidade de 582.755,77 euros a cargo da aplicación orzamentaria 11.05.313C.481.6.

Existindo outras dotacións dispoñibles para o mesmo fin procedentes de remanentes incorporados ao presente exercicio, cómpre ampliar o importe dos créditos destinados a estas subvencións que poderán ser concedidas ao abeiro da dita orde coa finalidade de facer chegar estas ao maior número de beneficiarios posible.

Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único

Primeiro. Ampliar o importe total das subvencións que se van conceder ao abeiro da Orde do 28 de maio de 2013 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actividades de servizos sociais comunitarios e inclusión social e se procede á súa convocatoria para o ano 2013 (cofinanciada parcialmente polo Fondo Social Europeo) na contía total de 367.944,54 euros con cargo á aplicación orzamentaria 11.05.313C.481.6.

Segundo. Esta ampliación de crédito suporá a modificación do importe total da orde de convocatoria que ascenderá a 3.249.035,31 €, os cales quedan distribuídos do seguinte xeito:

11.05.312A.481.3: 2.000.000 €.

11.05.313C.481.6: 950.700,31 €, cofinanciada nunha porcentaxe dun 80 % polo FSE.

11.05.312C.481.0: 298.335 €, cofinanciada nunha porcentaxe dun 80 % polo FSE.

Terceiro. Esta modificación non afecta o prazo establecido na orde para a presentación de solicitudes.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2013

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar