Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Luns, 12 de agosto de 2013 Páx. 32681

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 23 de xullo de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica á empresa Pontevex, S.L. o requirimento de documentación no expediente da concesión de explotación denominada Estrella núm. 2489.

Ante a imposibilidade de notificación, por medio desta cédula notifícase á empresa Pontevex, S.L. requirimento de documentación no expediente da concesión de explotación Estrella nº 2489.

Comunícase que o devandito expediente está á súa disposición, no prazo de 15 días, das 9.00 ás 14.00 horas, no Servizo de Enerxía e Minas das dependencias desta xefatura territorial, sitas na avenida Fernández Ladreda, 43, 5ª planta, de Pontevedra.

A presente cédula expídese para que conste e sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 23 de xullo de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra