Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Luns, 12 de agosto de 2013 Páx. 32682

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 16 de xullo de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2013112TA-CO, por infraccións en materia sanitaria.

Coa data do 19 de xuño de 2013, a Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade ditou acordo de inicio do expediente sancionador nº 2013112TA-CO incoado a José Pablo Fernández Lage.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícase a José Pablo Fernández Lage o contido do dito acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante a Xefatura Territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, e recórdaselle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da Xefatura Territorial, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao/á interesado/a, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 16 de xullo de 2013

P.A. (Resolución do 23.6.2009)
Marta Gil Pérez
Xefa do Servizo de Xestión

ANEXO

Nº expediente: 2013112TA-CO.

Interesado: José Pablo Fernández Lage (Pub Tubular).

DNI/NIF/CIF: 32814043-N.

Derradeiro enderezo coñecido: Baños Vellos, 8, baixo, 15100 Carballo.

Feito imputado: infracción á lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigos infrinxidos: a) Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco (BOE nº 309, do 27 de decembro), modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro (BOE nº 318, do 31 de decembro). Artigo 7.u), artigo 19.3.b).

Tipificación provisional: grave.

Sanción proposta: 1.200 €.