Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Luns, 12 de agosto de 2013 Páx. 32684

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 18 de xullo de 2013, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2013027TA-CO, por infraccións en materia sanitaria.

O 19 de xuño de 2013, a directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública ditou resolución do expediente sancionador 2013027TA-CO incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade da Coruña, a José Carlos Davila Outeiral, cafetería Movidilla.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e seguindo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a José Carlos Davila Outeiral, cafetería Movidilla, o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpor recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992 do 26 de novembro, e recórdaselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta dirección xeral, sita en San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no prazo de 15 días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en Caixa Galicia conta contable 840, código 001 ou en Caixanova. Recadación Xunta: modelo XTAX e, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta dirección xeral. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía executiva.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2013

Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO

Nº expediente: 2013027TA-CO.

Denunciado: José Carlos Davila Outeiral, cafetería Movidilla.

DNI/CIF: 33261831J.

Último enderezo coñecido: rúa Principal, 110 baixo, 15930 Boiro.

Feito imputado: infracción en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: artigos 7.u), 19.3 b) e 20.1 da Lei 28/2005.

Tipificación: grave.

Sanción imposta: 601 €.