Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Luns, 12 de agosto de 2013 Páx. 32680

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica LMT, CTI e RBT Lume de Suso, Coristanco (expediente 173/2011).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións da liña eléctrica aéreo-subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 1.548 m, con orixe no apoio existente s/n da LMT CBA-807 Carballo entre o CT Centiña e o CT Carrizal e final no centro de transformación que se vai instalar no lugar de Lume de Suso, no termo municipal de Coristanco (expediente 173/2011), por resolución desta xefatura territorial do 5 de xullo de 2013, a favor da entidade beneficiaria Unión Fenosa Distribución, S.A. con enderezo na avenida de Arteixo, nº 171, 15007 A Coruña.

Esta xefatura territorial acorda sinalar os días 4 e 5 de setembro de 2013 para o levantamento das actas previas á ocupación, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu regulamento, do 26 de abril de 1957, nas cales se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Coristanco, deducida da que se someteu a información pública no DOG, BOP e no xornal La Voz de Galicia dos días 27.11.2012, 16.11.2012 e 9.11.2012, respectivamente, acto ao que deberán concorrer os propietarios propostos dos predios afectados, aos cales se lles practicará notificación individual sinalándolles os horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da referida casa consistorial.

Esta publicación realizarase igualmente para os efectos do artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da devandita Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 22 de xullo de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña