Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Luns, 12 de agosto de 2013 Páx. 32679

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 26 de xuño de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica nos concellos de Ribeira e Porto do Son (expediente IN407A 101/2013).

En relación coa Resolución do 26 de xuño de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica nos concellos de Ribeira e Porto do Son (expediente IN407A 101/2013), publicada no DOG nº 144, do 30 de xullo de 2013, e advertido erro, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 30306, onde di:

«Liña eléctrica de media tensión soterrada a 20 kV, cunha lonxitude de 0,020 km, coa orixe na LMTS aérea PMR-814 Corrubedo da LMTA ao CT Muíños, en apoio nº 53/54 entre as derivadas ao CT Carballosa e ao CT Oleiros, condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV (1×240 Al) e final no CT Carballosa II proxectado.

Centro de transformación prefabricado Carballosa II, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V».

Debe dicir:

«Liña eléctrica de media tensión soterrada a 20 kV, cunha lonxitude de 0,020 km, coa orixe na LMTS aérea PMR-814 Corrubedo da LMTA ao CT Muíños, en apoio nº 53/45 entre as derivadas ao CT Carballosa e ao CT Oleiros, condutor tipo
RHZ1-2OL-12/20 kV (1×150 Al) e final no CT Carballosa II proxectado.

Centro de transformación prefabricado Carballosa II, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Rede de baixa tensión soterrada co orixe no CT Carballosa II, cunha lonxitude de 0,055 km, en condutor XZ1.

Rede de baixa tensión aérea, co orixe no apoio proxectado nas inmediacions do CT Carballosa II, cunha lonxitude de 0,885 km, en condutor RZ e apoios de formigón».