Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Venres, 9 de agosto de 2013 Páx. 32373

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 2013 pola que se anuncia a licitación, polo trámite ordinario e procedemento aberto con varios criterios de valoración, para a adxudicación do contrato non suxeito a regulación harmonizada de elaboración do proxecto construtivo e execución da obra pública hidráulica de estación depuradora de augas residuais de Malpica (clave OH.315.1037), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Augas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: contratación.

c) Tipo de contrato: contrato administrativo conxunto de elaboración de proxecto e execución de obra.

d) Obtención de documentación e información.

1) Lugares de obtención do prego de cláusulas administrativas particulares (que inclúe o cadro de características do contrato), da documentación técnica e da demais información que proceda:

– Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil do contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es e da páxina web:

http://www.augasdegalicia.xunta.es

– Augas de Galicia na rúa Doutor Maceira, nº 18, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña), teléfonos: 981 95 74 01/27, fax: 981 95 74 03/881 99 96 94 e correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.es

– A copistaría Copybelén na rúa Rosalía de Castro, nº 29-31 (Galerías Belén), Santiago de Compostela (A Coruña), teléfono 981 59 99 24 e fax 981 59 47 30.

2) Data límite de obtención de documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

2. Obxecto do contrato.

– Descrición e lugar de execución: elaboración do proxecto construtivo e execución da obra de estación depuradora de augas residuais de Malpica. Malpica (A Coruña).

Número de expediente: OH.315.1037.

Orzamento base de licitación: importe neto: 4.511.168,42 euros. Importe total: 5.458.513,79 euros. Cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %. Tema prioritario ou medida 46: tratamento da auga (augas residuais). Actuación 3.46.1: actuacións establecidas no Plan de saneamento de Galicia, no programa AXUA (actuacións para a xestión e a utilización da auga) e nos plans hidrolóxicos de bacía.

Prazo de execución (meses): trinta e seis (36).

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c e grupo K, subgrupo 8, categoría e.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e non suxeito a regulación harmonizada.

c) Criterios de adxudicación: a pluralidade dos criterios de valoración enuméranse e detállanse coas súas puntuacións e ponderacións no prego de cláusulas administrativas particulares e no perfil do contratante.

4. Garantías exixidas.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

5. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: a exixida para o contrato.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica: para as empresas non españolas de Estados membros da Unión Europea non clasificadas en España de acordo co establecido nos artigos 66.1 e 59.4 do texto refundido da Lei de contratos do sector público deberán acreditar a solvencia nos termos que se expresan na cláusula 6.1.4 do prego de cláusulas administrativas particulares en relación co punto 6.2 do cadro de características do contrato.

c) Outros requisitos específicos: en todo caso o licitador deberá manifestar, mediante declaración responsable asinada, o compromiso de adscribir á execución do contrato os medios que se relacionan coas súas condicións e requisitos no anexo ao cadro de características do contrato.

6. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 5 de setembro de 2013.

b) Modalidade de presentación: a establecida no prego de cláusulas administrativas particulares. As proposicións axustaranse estritamente aos modelos que se inclúen no citado prego.

c) Lugar de presentación: no rexistro de Augas de Galicia, na rúa Doutor Maceira, 18, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña) nos días e horas hábiles de oficina (de luns a venres e das 9.00 ás 14.00 horas). Tamén por correo, segundo o disposto no artigo 80.4 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas. Neste caso, o licitador deberá anunciarlle ao órgano de contratación, no mesmo día da imposición na oficina de Correos, mediante telegrama ou fax, a remisión da documentación para concorrer á licitación, así como xustificar a data de imposición do envío.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses, desde a apertura en acto público, segundo se indica no punto seguinte, das ofertas contidas no sobre C.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

7. Apertura das ofertas.

a) Descrición: a apertura, comprobación e valoración separada do sobre A relativo á documentación acreditativa dos requisitos de aptitude para contratar, do sobre B cos elementos da oferta non valorables de forma automática e do sobre C cos da oferta que admiten unha valoración mediante a aplicación de fórmulas realizarase conforme o disposto nos pregos administrativos e na normativa de contratos do sector público.

b) Dirección, localidade e código postal: Augas de Galicia na rúa Doutor Maceira, nº 18, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña).

c) Data e hora: as aperturas en acto público do sobre B o 17 de setembro de 2013 ás 9.00 horas e do sobre C na data e hora que se lles notificará aos licitadores, por fax ou calquera outro medio admitido, e publicarase no perfil do contratante con dous días hábiles de antelación á súa realización.

8. Gastos de publicidade: serán por conta do licitador seleccionado para ser adxudicatario.

9. Outras informacións.

– Cofinanciamento da Unión Europea: o obxecto do contrato indicado no punto 2 anterior está cofinanciado polo Feder nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe prioritario de intervención 3. Ambiente, contorno natural, recursos hídricos e prevención de riscos. Unha maneira de facer Europa.

– CPA e CPV (codificación do obxecto do contrato): as indicadas no cadro de características do contrato.

– Valor estimado do contrato: coincide co importe neto do orzamento base de licitación.

– Melloras e modificacións previstas: admítense melloras e prevese no contrato a posibilidade da súa eventual modificación á baixa nos termos expresados no prego de cláusulas administrativas particulares.

– Apertura e valoración das ofertas dos sobres B e C: a apertura do sobre B e a súa valoración realizaranse con anterioridade á apertura e valoración do contido do sobre C. No caso de que os actos públicos de apertura das ofertas se modifiquen, notificarase esta circunstancia aos licitadores presentados e farase pública no perfil do contratante.

– Publicidade de resultados: as datas e os resultados das aperturas dos sobres A, B e C, así como da adxudicación e formalización do contrato faranse públicas no perfil do contratante.

– Formalización do contrato: o contrato perfeccionarase coa súa formalización, que se efectuará no prazo previsto no cadro de características.

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2013

P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG nº 21, do 31 de xaneiro)
Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia

missing image file