Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Venres, 9 de agosto de 2013 Páx. 32219

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2013, da Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, pola que se lle dá publicidade á Resolución do 10 de xuño de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, relativa á opción da Comunidade Autónoma galega respecto ás tarifas para os usuarios do 012.

O 10 de xuño de 2013 a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, ditou por delegación do vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Orde do 14 de maio de 2013, DOG nº 92, do 15 de maio) a seguinte resolución que se transcribe literalmente:

«O 23 de maio de 2013, a dirección da Área de Infraestruturas e Comunicacións da Amtega, remite escrito relativo á Resolución do 21 de novembro de 2012, da Secretaría de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información, pola que se atribúe o número 012 ao servizo de información das administracións autonómicas, para efectos de que se comunique a opción da Comunidade Autónoma galega respecto ás propostas de tarifas para os usuarios do teléfono 012.

Unha vez valoradas as catro opcións, esta dirección xeral propón a opción correspondente á modalidade «C» por considerala a máis adecuada ás peculiaridades dos actuais servizos integrados no 012 segundo se detalla a continuación:

c) Modalidade C: prezo fixo por chamada segundo se indica na táboa seguinte:

Prezo aplicable ao usuario chamante (modalidade C).

Número

Desde rede fixa

Desde rede móbil

012

Prezo de chamada ordinaria fixo-fixo no territorio nacional dunha duración de 160 segundos.

Prezo de chamada ordinaria móbil-fixo no territorio nacional dunha duración de 160 segundos.

Cómpre sinalar que a dita opción afectaría todos os servizos actualmente integrados no 012 a excepción dos gratuítos (que manteñen a súa numeración propia), cuxo custo continuaría sendo asumido pola Administración autonómica, como ata agora.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2013

Natalia Prieto Viso
Directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa

Resolución: vista a proposta precedente, presentada pola Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, préstolles a miña aprobación nos seus propios termos.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2013

P.D. (Orde do 14.5.2013)
Beatriz Cuíña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia, Administracións
Públicas e Xustiza»

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2013

Natalia Prieto Viso
Directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa