De acordo co previsto no artigo 117 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, dáselle publicidade ao estado de execución do orzamento da Comunidade Autónoma e as súas modificacións, e a situación de tesouraría e movementos por operacións orzamentarias e extraorzamentarias correspondentes ao primeiro trimestre de 2013, que figuran como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2013
Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda