Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Venres, 9 de agosto de 2013 Páx. 32180

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Traballo e Benestar

ORDE do 24 de xullo de 2013 pola que se nomean novos membros do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación da Confederación de Empresarios de Galicia e da Confederación Intersindical Galega.

De acordo co disposto no artigo 7 da Resolución do 23 de outubro de 2008 (DOG do 13 de novembro) pola que se dispón a publicación do regulamento interno de organización e funcionamento do Consello Galego de Relacións Laborais, as organizacións sindicais e empresariais designarán os seus membros representativos, que serán nomeados pola persoa titular da consellería competente en materia de traballo.

Facendo uso da posibilidade de substitución, que recolle o artigo 8 da dita resolución, a Confederación de Empresarios de Galicia acordou a substitución dun dos seus membros titulares e a Confederación Intersindical Galega acordou a substitución dun dos seus membros suplentes da súa representación no Consello.

Por todo o exposto, ao abeiro do artigo 7 da referida Resolución do 23 de outubro de 2008 e en uso das atribucións que teño conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1

Nomear membro titular do Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación da Confederación de Empresarios de Galicia, a Julio Andrés López Carreiras en substitución de José Manuel Pérez Garrido.

Artigo 2

Nomear membro suplente do Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación da Confederación Intersindical Galega, a Francisco Xabier Cartelle Pérez en substitución de Laura Sánchez Bugallo.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2013

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar