Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Venres, 9 de agosto de 2013 Páx. 32233

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ORDE do 19 de xullo de 2013 de aprobación definitiva do Plan especial de ordenación do Porto de Marín e Ría de Pontevedra.

I. Antecedentes.

I.1. O Plan de utilización dos espazos portuarios do Porto de Marín-Pontevedra, actualmente denominado Porto de Marín e Ría de Pontevedra, foi aprobado por Orde Ministerial do 23 de decembro de 1997. O Ministerio de Fomento, mediante a Orde FOM/1597/2010, do 4 de xuño, aprobou a modificación do Plan de utilización dos espazos portuarios do Porto de Marín e Ría de Pontevedra.

I.2. Mediante Resolución do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do 3 de outubro de 2000, foi aprobado definitivamente o Plan especial de ordenación do Porto de Marín e Ría de Pontevedra.

Ese plan foi obxecto de modificación, aprobada por Orde da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas, do 4 de febreiro de 2005, orde que deixa sen efecto o plan especial aprobado definitivamente por Resolución do 3 de outubro de 2000.

Mediante Orde da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes do 3 de xuño de 2008, apróbase definitivamente a modificación do Plan especial de ordenación do Porto de Marín e Ría de Pontevedra, para a reordenación do subsector S.2.3.

O Plan especial de ordenación do Porto de Marín e Ría de Pontevedra, aprobado definitivamente o 3 de outubro de 2000, foi anulado por sentenza do Tribunal Supremo, con data do 30 de outubro de 2009.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 26 de xaneiro de 2012, anula a Orde da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas, do 4 de febreiro de 2005.

I.3. O Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra, na súa sesión ordinaria do 24 de novembro de 2011, acordou formular o Plan especial de ordenación do Porto de Marín e Ría de Pontevedra conforme o disposto no artigo 56 do texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/2011, do 5 de setembro, e normativa complementaria.

I.4. A Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da CMATI resolveu, con data 29 de febreiro de 2012, iniciar o expediente de tramitación do Plan especial de ordenación do Porto de Marín e Ría de Pontevedra, formulado pola Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra.

I.5. A Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo resolveu, con data do 9 de agosto de 2012, aprobar inicialmente o Plan especial de ordenación do Porto de Marín e Ría de Pontevedra, formulado pola Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra.

I.6. Mediante anuncio da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo do 9 de agosto de 2012, inserido no DOG do 21 de agosto de 2012, e nos xornais Diario de Pontevedra e Faro de Vigo do 20 de agosto de 2012, sométese a información pública o Plan especial de ordenación do Porto de Marín e Ría de Pontevedra.

I.7. O proxecto do Plan especial de ordenación do Porto de Marín e Ría de Pontevedra permaneceu exposto ao público, durante un período de dous meses, nas oficinas da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da CMATI e na Xefatura Territorial da CMATI en Pontevedra.

Formuláronse consultas ás administracións públicas sinaladas no documento de referencia e ao público interesado.

I.8. Durante o período de información pública presentáronse 5 documentos de alegacións, por parte de:

– Asociación pola Defensa da Ría.

– Concello de Pontevedra.

– Concello de Marín.

– Agrupación para a defensa de Marín.

– Asociación Plataforma Defensora Praza dos Praceres.

I.9. Na tramitación do Plan especial solicitáronse os informes preceptivos necesarios e constou no expediente a emisión dos seguintes informes previos á aprobación provisional:

– Informe do Servizo Autorizacións e Informes Sectoriais, emitido con data do 8 de agosto de 2012.

– Informe do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente-Dirección Xeral de Sostibilidade da Costa e do Mar, emitido con data do 4 de outubro de 2012.

– Informe do Ministerio de Fomento-Dirección Xeral de Ferrocarriles, emitido con data do 19 de novembro de 2012.

– Informe da Consellería do Medio Rural e do Mar-Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, emitido con data do 24 de outubro de 2012.

– Informe da Axencia Galega de Infraestruturas, emitido con data do 10 de outubro de 2012.

– Informe de Augas de Galicia, emitido con data do 10 de outubro de 2012.

– Informe da Dirección Xeral de Mobilidade, emitido con data do 10 de decembro de 2012.

– Informe da Consellería de Facenda (artigo 101 Lei 5/2011, Patrimonio) emitido con data do 17 de setembro de 2012.

– Informe da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, emitido con data do 12 de decembro de 2012.

– Informe do Ministerio de Fomento-Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, emitido con data do 5 de novembro de 2012.

– Informe do Ministerio de Defensa-Dirección Xeral de Infraestruturas, emitido con data do 16 de novembro de 2012.

– Informe do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo-Subdirección Xeral de Redes e Operadores de Telecomunicacións, emitido con data do 3 de outubro de 2012.

– Informe de Portos do Estado, emitido con data do 3 de outubro de 2012.

– Informe do Ministerio de Fomento-Dirección Xeral da Mariña Mercante, emitido con data do 11 de febreiro de 2013.

– Informe do Ministerio de Fomento-Dirección Xeral Aviación Civil, emitido en febreiro de 2013.

– Informe da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, emitido con data do 24 de xaneiro de 2013.

– Informe do Instituto Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, emitido con data do 18 de xaneiro de 2013.

– Informe da Subdirección Xeral de Avaliación Ambiental, emitido con data do 21 de decembro de 2012.

I.10. Así mesmo, consta informe técnico e xurídico da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, con data do 19 de abril de 2013, previo á aprobación provisional do Plan especial de ordenación do Porto de Marín e Ría de Pontevedra.

I.11. O documento do Plan especial de ordenación do Porto de Marín e Ría de Pontevedra foi sometido ao procedemento integrado de avaliación ambiental estratéxica, constando a emisión de memoria ambiental aprobada mediante Resolución da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental con data do 8 de abril de 2013.

I.12. Con data do 22 de abril de 2013, a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo resolve aprobar provisionalmente o Plan especial de ordenación do Porto de Marín e Ría de Pontevedra, estimando e desestimando as alegacións presentadas durante o período de información pública, recollidas no informe emitido pola Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra, con data do 8 de marzo de 2013.

I.13. Ese documento de Plan especial de ordenación do Porto de Marín e Ría de Pontevedra foi remitido á autoridade portuaria; e notificada a súa aprobación provisional aos concellos de Pontevedra e Marín.

I.14. Logo da aprobación provisional, solicitáronse os informes preceptivos, constando:

– Informe da Subdirección Xeral de Ordenación do Territorio en materia de costas, emitido con data do 29 de abril de 2013.

– Informe de Portos do Estado, emitido con data do 17 de maio de 2013, a solicitude da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra.

– Informe do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente-Dirección Xeral de Sostibilidade da Costa e do Mar, emitido con data do 3 de xuño de 2013.

I.15. Unha vez remitido o documento aprobado provisionalmente aos concellos de Marín e Pontevedra, recibíronse os acordos adoptados polos plenos respectivos, en datas 9.5.2013 e 27.5.2013. Nestes acordos plenarios reiteran as alegacións formuladas durante o período de información pública.

En relación a eses pronunciamentos municipais, a Autoridade Portuaria emitiu informe con data do 10 de xullo de 2013, integrando no documento sometido a aprobación definitiva unha modificación puntual na normativa (nova redacción do artigo 46) así como unha corrección de erros na trama dunha edificación no plano I-3 do documento D (planos).

I.16. A Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, emitiu informe previo á aprobación definitiva do plan especial, con data do 15 de xullo de 2013.

II. Análise e consideracións do plan especial.

Examinado o proxecto do Plan especial de ordenación do Porto de Marín e Ría de Pontevedra, formulado pola Autoridade Portuaria de Marín e da Ría de Pontevedra, con data do 12 de xullo de 2013, e vista a proposta literal que nesta mesma data eleva a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, púidose observar a súa adecuación á normativa vixente e non se apreciaron obxeccións para proceder á súa aprobación definitiva.

A competencia para resolver sobre a aprobación definitiva do Plan especial de ordenación do Porto de Marín e Ría de Pontevedra correspóndelle ao conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, de conformidade co disposto no artigo 89.1 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia e no artigo 1 do Decreto 44/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da CMATI.

III. Resolución.

En consecuencia, e visto canto antecede,

resolvo:

Primeiro. Outorgar a aprobación definitiva ao Plan especial de ordenación do Porto de Marín e Ría de Pontevedra, ao abeiro co establecido no artigo 89.1 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Segundo. Notifíquese esta orde aos concellos de Marín e Pontevedra; e á Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra. E publíquese no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. De conformidade co disposto polo artigo 92 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, a normativa e ordenanzas do plan especial aprobado definitivamente, deberán ser publicadas no Boletín Oficial da provincia.

Cuarto. Contra esta orde cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2013

Agustín Hernández Fernández de Rojas
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas