Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Xoves, 8 de agosto de 2013 Páx. 32153

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Castro de Rei

ANUNCIO de información pública relativo a un proxecto para construción de nave para ampliación de corte e fosa para almacenamento de zurro.

José Ángel Lamas Falcón, en representación de Lamas López, S.C., solicitou desta Alcaldía licenza municipal para o proxecto para construción de nave para ampliación de corte, e fosa para almacenamento de zurro, no lugar do Pumar, da parroquia de Bazar (parcela número 558, do polígono 3), do concello de Castro de Rei.

En cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un prazo de vinte (20) días hábiles, co fin de que durante este período -que comezará a contarse desde o día seguinte ao da última publicación deste edicto no BOP e no Diario Oficial de Galicia- poidan examinar o expediente, na Secretaría deste Concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Castro de Rei, 1 de agosto de 2013

Francisco Javier Balado Teijeiro
Alcalde