Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Xoves, 8 de agosto de 2013 Páx. 32152

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bergondo

ANUNCIO de información pública relativo á licenza para a apertura e funcionamento de instalación e montaxes de grupos electróxenos.

En cumprimento do disposto no número 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente núm. 3/2009 que se tramita por instancia de Fernando Cueto Fernández, en representación de Generadores Europeos, S.A.L., para a concesión de licenza de apertura e funcionamento de instalación de montaxes de grupos electróxenos, que se van instalar na parcela D-13/D-14, do polígono industrial de Bergondo, deste termo municipal.

Durante o prazo de vinte días contados a partir do seguinte ao da última publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia, o expediente atópase á disposición do público no Servizo de Urbanismo deste concello co fin de quen se considere afectado pola actividade poida examinalo e deducir, se é o caso, as alegacións ou observacións que considere oportunas.

Bergondo, 9 de xullo de 2013

Alejandra Pérez Máquez
Alcaldesa