Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Xoves, 8 de agosto de 2013 Páx. 32150

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN de 16 de xullo de 2013, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, pola que se fai pública a formalización do contrato para a subministración dun equipamento de videoendoscopia dixestiva (AB-ASF1-13-004).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Subministracións.

c) Número de expediente: AB-ASF1-13-004.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración dun equipamento de videoendoscopia dixestiva.

c) Lotes (se é o caso): lote único.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 33168000-5.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Sistema dinámico de adquisicións (se procede): non.

g) Boletíns ou diarios oficiais e datas de publicación dos anuncios de licitación: DOG nº 92, do 15 de maio de 2013.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 111.818,18 euros.

5. Orzamento base de licitación: 111.818,18 euros sen IVE.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 9 de xullo de 2013.

b) Data de formalización do contrato: 12 de xullo de 2013.

c) Contratista: Olympus Iberia, S.A.U.

d) Importe ou canon de adxudicación: 111.773,72 euros sen IVE.

Ferrol, 16 de xullo de 2013

P.D. (Orde 5.7.2012, DOG nº 139, do 20 de xullo)
Ángel Facio Villanueva
Xerente de Xestión Integrada de Ferrol