Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Xoves, 8 de agosto de 2013 Páx. 32149

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S. A.

ANUNCIO polo que se fai pública a apertura do prazo de presentación de solicitudes para a incorporación ás listas previas de persoal temporal nas categorías profesionais de maquinista/condutor e auxiliar de laboratorio e se publican as bases específicas II para a selección e contratación de persoal nas categorías profesionais de oficial administrativo e auxiliar administrativo.

O director-xerente de Seaga, en virtude das competencias atribuídas polo Consello de Administración, anuncia a apertura do prazo de presentación de solicitudes para a incorporación ás listas previas de persoal temporal da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos S.A. (Seaga) nas categorías profesionais de maquinista/condutor e auxiliar de laboratorio e a publicación das bases específicas II para a selección e contratación de persoal nas categorías profesionais de oficial administrativo e auxiliar administrativo.

As bases das convocatorias están expostas na sede da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), sita no polígono industrial do Tambre, Vía Marconi, nº 14, 15890 Santiago de Compostela, e na páxina web de Seaga (www.epseaga.com).

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2013

Pablo Arbones Maciñeira
Director xerente