Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Xoves, 8 de agosto de 2013 Páx. 32154

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Castro de Rei

ANUNCIO de información pública relativo a un proxecto de ampliación de corte para vacún de leite e fosa de zurro.

José Castro Cabana, en representación de S.A.T. Ganadería Xusto, solicitou desta Alcaldía licenza municipal para o proxecto de ampliación de corte para vacún de leite e fosa de zurro, no lugar da Teixoeira, da parroquia de Triabá (parcela número 128, do polígono 227), do concello de Castro de Rei.

En cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un prazo de vinte (20) días hábiles, co fin de que durante este período -que comezará a contarse desde o día seguinte ao da última publicación deste edicto no BOP e no Diario Oficial de Galicia- poidan examinar o expediente, na Secretaría deste Concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Castro de Rei, 1 de agosto de 2013

Francisco Javier Balado Teijeiro
Alcalde