Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Xoves, 8 de agosto de 2013 Páx. 32155

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Castro de Rei

ANUNCIO de información pública relativo a un proxecto de ampliación en gandaría de vacún de leite.

Ángel Méndez Martínez, en representación de S.A.T. Casa Sande, solicitou desta Alcaldía licenza municipal para o proxecto de ampliación en gandaría de vacún de leite, no lugar da Carballosa, da parroquia de San Xiao de Mos (parcela número 2, do polígono 260), do concello de Castro de Rei.

En cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un prazo de vinte (20) días hábiles, co fin de que durante este período -que comezará a contarse desde o día seguinte ao da última publicación deste edicto no BOP e no Diario Oficial de Galicia- poidan examinar o expediente, na Secretaría deste Concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Castro de Rei, 1 de agosto de 2013

Francisco Javier Balado Teijeiro
Alcalde