Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Xoves, 8 de agosto de 2013 Páx. 32156

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Castro de Rei

ANUNCIO de información pública relativo a un proxecto para construción de nave para ampliación de corte e legalización dunha edificación anexa.

José Antonio Edrosa Rodríguez solicitou desta Alcaldía licenza municipal para o proxecto para construción de nave para ampliación de corte e legalización dunha edificación anexa, no lugar da Vereda, da parroquia de Pacios (parcelas número 113 e 115, do polígono 4), do concello de Castro de Rei.

En cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un prazo de vinte (20) días hábiles, co fin de que durante este período –que comezará a contar desde o día seguinte ao da última publicación deste edicto no BOP e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste Concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Castro de Rei, 1 de agosto de 2013

Francisco Javier Balado Teijeiro
Alcalde