Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Xoves, 8 de agosto de 2013 Páx. 32164

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de exposición pública relativo á solicitude de licenza para establecemento dedicado a almacén, venda e reparación de maquinaria para a construción e obras públicas.

José Manuel Iglesias Pazos, que representa a entidade Maquinaria para Excavaciones de Galicia, S.L., solicitou neste concello licenza municipal para a apertura dun establecemento dedicado a almacén, venda e reparación de maquinaria para a construción e obras públicas nunha nave situada na rúa 13, nº 34 do polígono industrial deste concello e, de conformidade co disposto no Decreto 133/2008, do 12 de xuño de 2008, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública por termo de vinte días, mediante edictos no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia e exposición no taboleiro de anuncios do concello, co fin de que durante o prazo de exposición ao público, que empezará a contar desde a última publicación, poida examinarse o expediente na Secretaría deste concello, en horario de oficina.

San Cibrao das Viñas, 31 de xullo de 2013

Manuel Pedro Fernández Moreiras
Alcalde