Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Xoves, 8 de agosto de 2013 Páx. 32165

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sarria

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación das normas subsidiarias municipais.

Aprobada inicialmente a modificación das normas subsidiarias municipais do Concello de Sarria para a delimitación como solo de núcleo rural común do núcleo de Vilariño, por acordo da Xunta de Goberno do 10 de xullo de 2013, de conformidade co artigo 93.4 e disposición adicional segunda da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública polo prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da última publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, e en dous dos diarios de maior difusión da provincia.

Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.

Sarria, 23 de xullo de 2013

José Antonio García López
Alcalde