Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Xoves, 8 de agosto de 2013 Páx. 32163

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Rodeiro

ANUNCIO de información pública relativo á solicitude de licenza de actividade para construción de nave e almacén para ampliación de explotación de pavos.

Laura Fernández Díaz solicitou desta Alcaldía licenza municipal para construción de nave e almacén para ampliación de explotación de pavos situada na parcela 238 do polígono 109 do catastro de rústica, na parroquia de Carboentes, Rodeiro.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no DOG, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretenden instalar e poidan formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Rodeiro, 1 de agosto de 2013

Luís López Diéguez
Alcalde