Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Xoves, 8 de agosto de 2013 Páx. 32159

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación do PP-4R O Boial.

A Xunta de Goberno local, en sesión do día 29 de xullo de 2013, acordou aprobar inicialmente a modificación do PP-4R-O Boial para a incorporación de usos complementarios nas parcelas comerciais e residenciais, someter a información pública a dita modificación mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia e en dous xornais de maior difusión da provincia, e notificar o presente acordo a todas as persoas propietarias dos terreos afectados.

En cumprimento do previsto no artigo 86.1 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública durante o prazo dun mes contado a partir da data de publicación do actual anuncio.

Para estes efectos terase á disposición do público un exemplar do expediente no departamento de Urbanismo deste Concello, na rúa María nº 54, quinto andar, no que poderán presentarse as alegacións correspondentes.

De igual xeito e para os efectos previstos no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e no Real decreto 1093/1997, do 4 de xullo, e demais normativa de aplicación, o presente anuncio servirá de notificación aos interesados, persoas que resultasen descoñecidas e incertas ou ás que non se puidese practicar a notificación.

Ferrol, 1 de agosto de 2013

José Manuel Rey Varela
Alcalde