Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Xoves, 8 de agosto de 2013 Páx. 32158

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cospeito

ANUNCIO de información pública sobre solicitude de licenza para instalación de taller de reparación mecánica de automóbiles.

Álvaro Louro Ojea, en representación de Perfeccionamiento y Técnicas de Conducción, S.L., solicita licenza municipal para a instalación da actividade de taller de reparación mecánica de automóbiles, sometida a avaliación de incidencia ambiental, que se desenvolverá na parcela I-9 do polígono industrial de Muimenta deste termo municipal. Neste concello tramítase o oportuno expediente.

En cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, procédese a abrir período de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia, por período de vinte días –que empezará a contar desde o día seguinte ao da última publicación–, para que todos aqueles que se consideren afectados pola dita actividade poidan examinar o expediente, que se atopa á súa disposición na Secretaría Municipal, e formulen por escrito reclamacións ou observacións, se o consideran oportuno.

Cospeito, 1 de xullo de 2013

Armando Castosa Alvariño
Alcalde