Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Xoves, 8 de agosto de 2013 Páx. 32160

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO da publicación no BOP de Lugo das bases polas que se regula a concesión de axudas ás asociacións culturais e persoas xurídico-privadas sen ánimo de lucro que desenvolven a súa actividade no eido da cultura.

No BOP de Lugo núm. 163, do 17 de xullo de 2013, publicáronse as bases xerais polas que se regula a concesión de axudas ás asociacións culturais e persoas xurídico-privadas sen ánimo de lucro que desenvolven a súa actividade no eido da cultura (Área de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua), aprobadas polo Decreto número 13006868 en materia de contratación fomento do 9 de xullo de 2013.

O que se fai público para os efectos oportunos.

Lugo, 17 de xullo de 2013

Carmen Basadre Vázquez
Concelleira delegada da Área de Cultura, Turismo, Xuventude
e Promoción da Lingua