Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Xoves, 8 de agosto de 2013 Páx. 32098

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

AUTOS (243/2011).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 243/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio Varela Bazarra contra a empresa Gesba, S.C., Alejandro Gestal Eiroa, Cristina Barona González, Fogasa sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

Decido:

1º. Que estimando a demanda formulada por José Antonio Varela Bazarra contra as empresas Gesba, S.C., condeno esta a aboar as seguintes cantidades:

Diferenzas de complemento de IT do 1 de febreiro a 31 de outubro de 2010: 2.884,05 euros.

Diferenzas por complemento de IT de 1 a 5 de novembro de 2010: 30 euros.

Salarios de novembro de 2010: 1.068,27 euros.

Salarios de decembro de 2010: 897,25 euros.

Vacacións de 2009: 549,35 euros.

Vacacións de 2010: 1.041,51 euros.

Todo iso incrementado cos xuros de demora do artigo 29.3 ET respecto dos salarios de novembro e decembro de 2010.

2º. O fondo de garantía salarial (Fogasa) deberá pasar pola presente resolución nos termos do artigo 33 ET.

3º. Desestímase a acción exercitada fronte a Alejandro Gestal Eiroa, Cristina Barona González.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en (Banesto 0030.1846) a nome deste xulgado co número 1533.0000.36.0243.11 acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co nº 1533.0000.60.00243.11 a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade no que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, ao momento de anuncialo.

Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a ditou, achándose celebrando Audiencia Pública no día da data do que dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Gesba, S.C., Alejandro Gestal Eiroa, Cristina Barona González expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 17 de xullo de 2013

O secretario xudicial