Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Xoves, 8 de agosto de 2013 Páx. 32100

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1334/2012).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento sobre despedimento obxectivo individual 1334/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Fernández Argiz contra a empresa María del Carmen Pena Saavedra, Construcciones José María Fernández, S.A., Explotaciones y Canteras de Moucho, S.A.U., Hormigones del Noroeste, S.L., o Ministerio Fiscal, o administrador concursal de Explotaciones y Canteras de Moucho, S.A.U., o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), a administración concursal de Hormigones del Noroeste, S.L. (Luis Arbones Maciñeira, a administración concursal de Construcciones José María Fernández, S.A. (Félix Jiménez), sobre despedimento, ditouse a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 4 de xuño de 2013.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, en funcións de reforzo, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre despedimento 1334/2012, sendo demandante Manuel Fernández Argiz, asistido polo letrado Sr. Martínez Ramonde, e demandadas as empresas María del Carmen Pena Saavedra e Explotaciones y Canteras de Moucho, S.A.U., comparecidas a través da súa administradora María del Carmen Pena Saavedra, coa representación do letrado Sr. Talín Mariño, así como as empresas Construcciones José María Fernández, S.A. e Hormigones del Noroeste, S.L., e a administración concursal da Empresa Explotaciones y Canteras de Moucho, S.A.U., a administración concursal da empresa Construcciones José María Fernández, S.A., comparecida a través do administrador concursal Félix Manuel Jiménez Mosquera, e a administración concursal da empresa Hormigones del Noroeste, S.L., comparecida a través do administrador concursal Luis Arbones Maciñeira, despois de ser citado, do mesmo xeito, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por parte de Manuel Fernández Argiz contra as empresas María del Carmen Pena Saavedra e Explotaciones y Canteras de Moucho, S.A.U., así como contra as empresas Construcciones José María Fernández, S.A. e Hormigones del Noroeste, S.L., e contra a administración concursal da empresa Explotaciones y Canteras de Moucho, S.A.U., contra a administración concursal da empresa Construcciones José María Fernández, S.A. e contra a administración concursal da empresa Hormigones del Noroeste, S.L., na súa pretensión subsidiaria, e, en consecuencia, declaro improcedente o despedimento de Manuel Fernández Argiz e condeno as empresas demandadas a que, no prazo de 5 días desde a notificación da presente sentenza, opten entre a readmisión do traballador nas mesmas condicións que rexían no momento de producirse o despedimento, con aboamento dos salarios de tramitación que, desde a data do despedimento ata a da presente sentenza, ascenden á cantidade de 10.558,09 euros, aos que haberán de engadirse os que se devindiquen ata a notificación desta, a razón de 49,33 euros diarios, e a extinción da relación laboral, con aboamento ao traballador da cantidade de 34.531 euros en concepto de indemnización.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíquese a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Inscríbase no libro rexistro da súa clase.

Así o pronuncio, mando e asino».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que conste e sirva de notificación a Construcciones José María Fernández, S.A. e Hormigones del Noroeste, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 4 de xuño de 2013

A secretaria xudicial