Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Xoves, 8 de agosto de 2013 Páx. 32109

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (1130/2011).

Nº de autos: procedimiento ordinario 1130/2011.

Demandantes: Laura Barreiro Cobas e María del Mar Rial Viaño.

Demandados: Prosalud Galicia, C.B., Sandra Meijide Ferreira, Fernando Acuña Piñeiro e Diego Carballeira Vázquez.

Dilixencia de ordenación.

Secretaria xudicial: Susana Varela Amboage.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2013.

Visto o estado das presentes actuacións, procédese á sinalización dos actos de conciliación e xuízo o próximo día 15.10.2013, ás 10.35 horas, na oficina xudicial deste órgano, sita na segunda planta do Edificio Xudicial da rúa Berlín, s/n, Santiago de Compostela, e ás 10.40 horas na sala de vista correspondente a este xulgado na planta baixa do edificio citado anteriormente.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados, e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición, que se interpoñerá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A secretaria xudicial

Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Laura Barreiro Cobas e María del Mar Rial Viaño contra Sandra Meijide Ferreira, Prosalud Galicia, C.B., Fernando Acuña Piñeiro, Diego Carballeira Vázquez, rexistrado co nº PO 1130/2011 acordouse citar a Prosalud Galicia, C.B.A. e a Diego Carballeira Vázquez, en ignorado paradoiro, co fin de que compareza na sala de vistas deste Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, situado en rúa Berlín, s/n, polígono das Fontiñas, 15707, o día 15.10.2013 ás 10.35 horas e 10.40 horas para a celebración dos actos de conciliación e, se é caso, xuízo. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Fáiselle saber que teñen á súa disposición na oficina xudicial a cédula de citación, copia da demanda e decreto de admisión desta e demais resolucións e documentos existentes no procedemento.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, poñerá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida estar este representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E, para que sirva de citación a Prosalud Galicia, C.B. e a Diego Carballeira Vázquez, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2013

A secretaria xudicial