Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Xoves, 8 de agosto de 2013 Páx. 32119

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Guitiriz (expediente IN407A 2012/106-2, 8075 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 1º, 27002 Lugo.

Denominación: LMTS, CTC e RBTS para subministración eléctrica na rúa do Mercado, 1-3.

Situación: concello de Guitiriz.

Características técnicas:

– CT en edificio non prefabricado, cunha potencia proxectada de 1.260 kVA e unha potencia inicial de 630 kVA, relación de transformación 20.000/400-230V, no cal se instalan tres celas de liña, dúas de protección e unha de interruptor pasante.

– Desprazamento dun tramo de LMTS con orixe no CT proxectado e final no CTC (02631) Edificio Eladio, cunha lonxitude de 32 metros.

– LMTS a 20 kV, con orixe no CT proxectado e final no CTC 05166 Campo da Feira, cunha lonxitude de 79 metros en condutor tipo RHZ-240.

– RBTS a tensión trifásica de 400 V e monofásica de 230 V, con orixe nos cadros de baixa tensión do CT proxectado e final nas CXP do edificio que se vai electrificar.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 10 de xullo de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo