Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Xoves, 8 de agosto de 2013 Páx. 32121

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2013 pola que se fai pública a formalización do contrato de servizos para a vixilancia e seguridade en varios centros dependentes da Xefatura Territorial de Lugo (Área de Cultura).

De acordo co previsto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18596

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 60, do 26 de marzo de 2013, corrección de erros DOG núm. 68, do 9 de abril.

2. Obxecto do contrato.

Tipo: servizo.

Descrición: vixilancia e seguridade en varios centros dependentes da Xefatura Territorial de Lugo (Área de Cultura) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 407.674,58 €, IVE excluído.

5. Formalización do contrato.

a) Data da adxudicación: 27 de xuño de 2013.

b) Data da formalización do contrato: 22 de xullo de 2013.

c) Contratista: Alcor Seguridad, S.L.

d) Importe de adxudicación: 355.000,00 €, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, logo da aplicación dos criterios de adxudicación que se establecen no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2013

P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria