Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Mércores, 7 de agosto de 2013 Páx. 31946

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (147/2013).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 147/2013 por instancia de Carlos González del Barrio contra Begacar, S.L. sobre despedimento, en que recaeu sentenza con data do 13 de xuño de 2013 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Decisión:

Estímase parcialmente a demanda interposta por Carlos González del Barrio contra Begacar, S.L. e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada Begacar, S.L. ao demandante, Carlos González del Barrio.

– Declárase, ante a imposibilidade de readmisión, a extinción, con data da presente resolución, da relación laboral que unía o demandante con Begacar, S.L.

– Condénase a Begacar, S.L. a indemnizar o demandante coa cantidade de 1.700,16 euros.

Notifíqueselles esta resolución ás partes

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Begacar, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 17 de xullo de 2013

A secretaria xudicial