Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Mércores, 7 de agosto de 2013 Páx. 31948

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (aclaración de sentenza despedimento 1313/2012).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña (reforzo), fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 1313/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana Trillo Quintáns contra a empresa Hormigones del Noroeste, S.L., Construcciones José María Fernández, S.A., Explotaciones y Canteras de Moucho, S.A.U., Administrador Concursal de Concurso Voluntario Ordinario 677/2011 de Mercantil 2, Administrador Concursal de Hormigones del Noroeste, S.L., Administrador Concursal de Construcciones José María Fernández, S.A., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sobre despedimento, ditouse auto de aclaración de sentenza, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Auto.

Maxistrada xuíza. Ana Rodríguez Piorno.

Na Coruña, vinte e cinco de xuño de dous mil trece.

Antecedentes de feito.

Único. O día 4 de xuño de 2013 ditouse sentenza no presente procedemento.

Despois de ser presentado neste xulgado o pasado día 17 de xuño, por parte da representación de Ana Trillo Quintáns, escrito polo que interesa a aclaración da decisión da resolución de referencia, cómpre acceder ao formulado e...

Parte dispositiva.

Que debo acordar e acordo a aclaración da sentenza do 4 de xuño de 2013 ditada no presente procedemento no significado seguinte:

Que na decisión da sentenza se engada o seguinte:

«... así como da cantidade de 1.387,55 euros que debe, cantidade, esta, á que se aplicará o xuro de demora do 10 %».

E iso con mantemento inalterado do resto do seu contido.

Contra este auto non cabe ningún recurso.

Así o acorda, manda e asina Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 1 da Coruña, en funcións de reforzo.

Ana Rodríguez Piorno, asinado.

E para que conste e sirva de notificación a Hormigones del Noroeste, S.L. e Construcciones José María Fernández, S.A., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no DOG e fixación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 25 de xuño de 2013

A secretaria xudicial