Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Mércores, 7 de agosto de 2013 Páx. 31942

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense

EDICTO (1060/2012).

María Dolores Prieto Rascado, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense, polo presente anuncio:

No presente procedemento de xuízo verbal 1060/12 seguido por instancia de Norel, S.A. fronte a Correctores Gallegos, S.L. ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza

En Ourense o cinco de marzo de dous mil trece.

Vistos por María José González Movilla, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 3 dos de Ourense e o seu partido xudicial, os presentes autos de xuízo verbal, número 1060/12, sobre reclamación de cantidade, promovidos por instancia da sociedade Norel, S.A., representada pola procuradora Sra. Lozano Eire, asistida polo letrado Sr. Falcón Morales, contra a entidade Correctores Gallegos, S.L., en situación de rebeldía neste procedemento.

Seguen antecedentes de feito...

Seguen fundamentos xurídicos...

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Decido que, estimando a demanda formulada pola representación da sociedade Norel, S.A., contra a entidade Correctores Gallegos, S.L., debo condenar e condeno a demandada a aboar á demandante a cantidade de novecentos dezaoito euros, máis os xuros legais percibidos pola devandita suma computados desde a data da interpretación xudicial, impoñéndolle expresamente as custas deste procedemento.

Ao notificarse esta resolución ás partes, fágase saber que contra ela non cabe recurso ningún.

Así por esta sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mando e asino.

E encontrándose o devandito demandado, Correctores Gallegos, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ourense, 15 de marzo de 2013

A secretaria xudicial