Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Mércores, 7 de agosto de 2013 Páx. 31939

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial. Sección 5ª Civil da Coruña

EDICTO (724/2009).

Isabel Freire Corzo, secretaria da Sección Quinta da Audiencia Provincial da Coruña, fago saber que na peza de apelación que se dirá recaeu sentenza o 28 de maio de 2013, cuxo encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Peza: 290/12.

Procedemento de orixe: xuízo ordinario núm. 724/09.

Xulgado de procedencia: Xulgado de Primeira Instancia número 5 da Coruña.

Deliberación o día: 21 de maio de 2013.

A Sección Quinta da Audiencia Provincial da Coruña pronunciou, en nome do rei a seguinte:

Sentenza número 180/2013.

Maxistrados: Manuel Conde Núñez, Julio Tasende Calvo e Dámaso Manuel Brañas Santa María.

Na Coruña o vinte e oito de maio de dous mil trece.

No recurso de apelación civil número 290/12, interposto contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia núm. 724/09, en xuízo ordinario núm. 724709, sobre nulidade de contratos e reclamación de cantidade, sendo a contía do procedemento 19.933,41 euros, seguido entre partes, como apelante Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A., representada polo/a procurador/a Sr./Sra. Pando Caracena, e como apelados Vicente Rodríguez Mínguez e Purificación Calzado Álvarez, representados, polo/a procurador/a Sr./Sra. Amenedo Martínez, e como parte declarada en rebeldía Mundo Mágico Tours, S.A. É relator Julio Tasende Calvo.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos).

Resolución:

Desestimando o recurso de apelación interposto pola representación procesual de Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A. contra a sentenza recaída no xuízo ordinario núm. 724/09, ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 5 da Coruña, debemos confirmar e confirmamos a devandita resolución, e condenamos a parte apelante ao pagamento das custas desta alzada.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que conste e sirva para a inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG) co obxecto de notificar á parte declarada en rebeldía Mundo Mágico Tours, S.A., expido e asino a presente. Dou fe.

A Coruña, 3 de xullo de 2013

A secretaria