Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Mércores, 7 de agosto de 2013 Páx. 31938

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 2013, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por María del Carmen Pena Castro.

Na sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia tramítase o recurso 166/2013 (procedemento ordinario), interposto por María del Carmen Pena Castro, contra as seguintes disposicións:

1ª. A desestimación presunta do recurso de alzada interposto fronte á Resolución do 9 de outubro de 2012, do tribunal encargado de xulgar o proceso selectivo para o ingreso na clase de inspector médico, convocado pola Resolución do 27 de xullo de 2010 (DOG nº 202, do 23 de outubro de 2012).

2ª. A desestimación presunta do recurso de alzada interposto fronte á Resolución do 30 de xaneiro de 2013, do tribunal encargado de xulgar o proceso selectivo para o ingreso na clase de inspector médico, pola que se dá a publicidade ás puntuacións definitivas da fase de concurso e se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo (DOG nº 27, do 7 de febreiro de 2013).

3ª. Resolución do 16 de maio de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se procede ao nomeamento como funcionarios de carreira das clases de farmacéutico inspector de saúde pública, inspector farmacéutico, inspector médico e subinspector sanitario das persoas aspirantes que superaron o concurso-oposición convocado pola Resolución do 27 de xullo de 2010 (DOG nº 100, do 28 de maio de 2013).

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de cinco días, de conformidade co previsto no artigo 116.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2013

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos