Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Mércores, 7 de agosto de 2013 Páx. 31952

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (10/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 10/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Agustín Caamaño Abeijón contra a empresa Grialibros, S.L., Grace Antonia Nouel Brache e Fogasa, sobre ordinario, se ditou auto con data do 1 de xullo de 2013, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Parte dispositiva:

Dispoño:

Despachar orde xeral de execución da sentenza ditada no procedemento ordinario a favor da parte executante, Agustín Caamaño Abeijón, fronte a Grace Antonia Nouel Brache, parte executada, pola cantidade de 1.884,38 euros de principal, máis outros 142,49 euros en concepto de xuros calculados conforme o artigo 29.3 ET, máis 202,68 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros de demora e custas calculadas segundo o criterio do 251.1 LXS.

Este auto, xunto co decreto que ditará o/a secretario/a xudicial, e copia da demanda executiva, serán notificados asemade á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC. A executada queda apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución.

Non despachar execución fronte á entidade Grialibros, S.L. por estar en situación de concurso de acredores.

Déase traslado ao Fondo de Garantía Salarial desta resolución, xunto co copia da demanda de execución, para os efectos previstos no artigo 23 da LXS.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación en que, ademais de alegar as posibles infraccións en que puidese incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, se poderá deducir a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que acaecesen con posterioridade á súa constitución do título. A compensación de débedas non será admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3, aberta en Banesto, conta nº 5076 0000 64 0010 13, debendo indicar no campo concepto “Recurso” seguida do código “30 Social-Reposición”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o “código 30 Social-Reposición”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución contra a cal se recorreu, utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A conta de consignacións do órgano xudicial, para os efectos do pagamento, será a seguinte: 5076 0000 64 0010 13; deberase indicar no campo o concepto de pagamento.

Así o acorda e asina o/a maxistrado/a xuíz/a. Dou fe.

O/a maxistrado/a xuíz/a.

A secretaria xudicial».

Ditouse igualmente decreto de acumulación á ETX 185/2012, cuxa parte dispositiva é como segue:

«Parte dispositiva:

Acordo acumular esta execución, con número 10/2013, seguida nesta oficina xudicial, á que se segue neste xulgado co número 185/2012.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de decretos deste órgano xudicial, e déixese testemuño nas actuacións.

Notifíquese ás partes.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante este órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que contén a xuízo do recorrente.

Así o acordo e asino.

A secretaria xudicial».

Advírtese a destinataria Grace Antonia Nouel Brache de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2013

A secretaria xudicial