Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Martes, 6 de agosto de 2013 Páx. 31509

III. Outras disposicións

Consello de Contas de Galicia

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2013 pola que se fai pública unha modificación da relación de postos de traballo do Consello de Contas de Galicia.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo do Consello de Contas de Galicia xustifícase polas necesidades organizativas e funcionais da Institución.

En consecuencia, unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación, o Pleno do Consello de Contas de Galicia, na súa reunión do 22 de xullo de 2013, de conformidade co disposto no artigo 8 ap. j) do Regulamento de réxime interior do Consello de Contas, en relación co artigo 27 do texto refundido da Lei da función pública de Galicia aprobada polo Decreto lexislativo1/2008, do 13 de marzo, adoptou o seguinte acordo:

1. Creación dos seguintes postos de traballo:

1.1. Posto de traballo: técnico de auditoría.

Tipo de posto: singularizado.

Forma de provisión: libre designación.

Subgrupo: A1/A2.

Nivel c. destino: 26.

Específico: 16.143,36 €.

Adscrición adm. púb.: A12 (C.A. Galicia, outras CC.AA., Estado e corporacións locais).

Formación específica: experiencia en auditoría de contas.

1.2. Posto de traballo: técnico de auditoría.

Tipo de posto: singularizado.

Forma de provisión: libre designación.

Subgrupo: A1/A2.

Nivel c. destino: 26.

Específico: 16.143,36 €.

Adscrición adm. púb.: A12 (C.A. Galicia, outras CC.AA., Estado e corporacións locais).

Formación específica: experiencia en auditoría de contas.

2. Amortización dos seguintes postos de traballo:

2.1. Posto de traballo: asesor, número 001, da relación de postos de traballo do persoal eventual.

2.2. Posto de traballo: axudante de auditoría, postos nº 45, 48 e 56 da relación de postos de traballo de persoal funcionario.

3. Adaptación da numeración nas relacións de postos de traballo de persoal eventual e persoal funcionario, segundo corresponda como consecuencia das modificacións propostas.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2013

Luciano Fariña Busto
Conselleiro maior