Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Martes, 6 de agosto de 2013 Páx. 31589

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Rodeiro

ANUNCIO de información pública sobre ampliación de nave avícola para ceba de polos.

De conformidade co previsto no artigo 9.1 do Real decreto lexislativo 1/2008, do 11 de xaneiro, polo o que se aproba o texto refundido da Lei de avaliación de impacto ambiental de proxectos, sométese a información pública durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio, o seguinte expediente tramitado neste concello:

– Solicitante: Pilar Juíz Coego, na representación da sociedade Pial, S.C.

– Denominación do proxecto: ampliación de nave avícola para ceba de polos.

– Situación: parcelas catastrais núm. 209, 210, 211 e 212 do polígono 55 do Catastro de rústica.

– Lugar: A Ponte.

– Parroquia: Pedroso.

O expediente que se expón ao público está integrado polos seguintes documentos:

– Proxecto técnico redactado polo enxeñeiro técnico agrícola José Antonio López Sierra (visado colexial núm. 476, do 11.7.2012).

– Anexo ao anterior proxecto redactado polo mesmo facultativo (visado colexial núm. 606, do 5.9.2012).

– Estudo de impacto ambiental e documentación complementaria redactado polo veterinario e técnico ambiental Xosé Daniel Piñeiro Villares, do 3.5.2013.

O expediente e a documentación referida poderá consultarse no Departamento de Urbanismo do Concello os días laborables das 9.00 ás 14.00 horas, para os efectos de que poidan ser formuladas por escrito as alegacións e/ou reclamacións que se consideren oportunas.

Rodeiro, 30 de xullo de 2013

Luis López Diéguez
Alcalde