Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Martes, 6 de agosto de 2013 Páx. 31590

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Tui

ANUNCIO de información pública sobre o proxecto básico e de execución de Cemiterio na parroquia de Caldelas-Foxo.

Walter Gándara Sampayo en representación da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Caldelas solicitou neste concello a obtención de título habilitante que ampare o proxecto: Proxecto básico e de execución de cemiterio, sito no lugar de Foxo, parroquia de Caldelas de Miño; e en cumprimento do artigo 8.3º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este prazo que empezará a contar desde a inserción do presente anuncio no DOG e no BOP, poida examinarse o expediente no Departamento de Urbanismo deste concello, e poidan formular por escrito as alegacións que consideren oportunas todas aquelas persoas que se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar.

Tui, 14 de xuño de 2013

Moisés Rodríguez Pérez
Alcalde